Achegamos un novo informe de mercado laboral que se aproxima á evolución do número de persoas afiliadas á seguridade social no período 2007-2009 tanto no conxunto do Pacto Territorial como nos ámbitos provincial e autonómico. Asímesmo, o documento incorpora tamén un apartado especial adicado a cada un dos concellos que abrangue este Pacto. Neste apartado, xunto có criterio empregado habitualmente en anteriores informes para clasificar aos afiliados (segundo a localización do código de conta de cotización á seguridade social da empresa/entidade empregadora), introdúcese un novo criterio de clasificación dos mesmos: afiliados segundo o municipio de residencia da persoa afiliada.
| [+/-] | Informes do mercado laboral. Afiliacións á Seguridade Social (2007-2009) |
Achegamos un novo informe de mercado laboral que se aproxima á evolución do número de persoas afiliadas á seguridade social no período 2007-2009 tanto no conxunto do Pacto Territorial como nos ámbitos provincial e autonómico. Asímesmo, o documento incorpora tamén un apartado especial adicado a cada un dos concellos que abrangue este Pacto. Neste apartado, xunto có criterio empregado habitualmente en anteriores informes para clasificar aos afiliados (segundo a localización do código de conta de cotización á seguridade social da empresa/entidade empregadora), introdúcese un novo criterio de clasificación dos mesmos: afiliados segundo o municipio de residencia da persoa afiliada.
| [+/-] | Emprego nos concellos do Pacto Territorial |
Segundo figura en distintas convocatorias publicadas nos boletíns oficiais (BOP, DOG, BOE) nos últimos 5 meses, os diferentes concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña ofertaron un total de 7 postos de traballo como persoal fixo:
- Concurso oposición auxiliar administrativo, BOE 17 novembro 2009, concello de Mondoñedo.
- Concurso de mobilidade policía local, BOE 17 de Decembro 2009, concello de Foz.
- Promoción interna administrativo , DOG 18 de xaneiro 2010, concello de Viveiro.
- Promoción interna servizos especiais, DOG 18 de xaneiro 2010, concello de Viveiro.
- Concurso -oposición. 2 prazas de peón de servizos múltiples, BOE 2 de febreiro 2010, concello de Ribadeo.
- Concurso oposición persoal interino chófer- condutor oficial de 1ª, BOP 8 Febreiro 2010, concello de A Pontenova.
Por outra banda, 6 concellos do Pacto Territorial de Emprego da Mariña , estimularon o emprego nestes últimos 5 meses para convocar a 22 postos de traballo.
- Burela. 11 postos de traballo (Fisioterapeuta, oficial de 1ª CIM, Patrón mecánico, asistenta a domicilio, monitor de Gaia, profesor de apoio, peón xardinería, aux administrativo e capataz de GRUMIR).
- Ribadeo. 4 postos de traballo (chófer de rozadura, técnico de lingua e cultura, aux. axuda domiciliaria e técnico actividades deportivas)
- Cervo. 3 postos de traballo (Auxiliar de axuda a domicilio, oficial de 1ª albanel e Diplomado en empresariais)
- Riotorto. 2 postos de traballo ( Axente de emprego e auxiliar de axuda a domicilio)
- Trabada. 1 posto de traballo (Axente de emprego)
- Mondoñedo. 1 posto de traballo (Técnico de deportes)
Os postos de traballos máis ofertados nestes concellos, como se pode observar, son: 4 postos de axuda a domicilio, 2 postos de axente de emprego, 2 postos de técnico de deportes e 2 postos de oficial de 1ª.
Esto fai un total, nos últimos 5 meses de 183 postos de traballo creados polos diferentes concellos do Pacto, antes de que comecen a funcionar diferentes medidas de estímulo do emprego, como poden ser, entre outras, as procedentes dos plans de cooperación e fomento do emprego.

| [+/-] | Informes do mercado laboral. Marco contractual (2007-2009) |
Como comezo a unha serie de informes que tratarán de achegarse á evolución dos diferentes indicadores socioeconómicos do territorio nos últimos 2-3 anos, presentamos un primeiro informe de mercado laboral que ten como obxectivo mostrarnos a situación do marco contractual do territorio no período 2007-2009. O informe ofrece datos do Pacto Territorial de Emprego da Mariña considerado no seu conxunto así como tamén do acontecido a nivel provincial e autonómico. Para concluir, mostránse tamén datos da situación en cada un dos dezasete concellos que abrangue este Pacto Territorial.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Febreiro 2010) |
Achegamos, como cada mes, os informes correspondentes ao perfil tipo do parado no pasado mes de Febreiro, tanto no ámbito de influenza do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, como nos diferentes concellos que forman parte do mesmo.
Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Febreiro de 2010)
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Febreiro de 2010)
Se desexades descargar os informes en formato PDF, pulsade nas seguintes ligazóns:
Nos menú superior, na sección "Observatorio do paro", poderás descargar tamés estes informes.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Febreiro de 2010) |
Xa está a vosa disposición o informe de paro rexistrado correspondente ao mes de Febreiro de 2010 elaborado polo Observatorio do Paro do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Como cada mes, apórtanse datos da evolución do desemprego no conxunto do Pacto Territorial en comparanza coa situación vivida na Provincia de Lugo e na Comunidade Autónoma galega. Asímesmo, ofrécense tamén datos da evolución do paro en cada un dos dezasete concellos que abrangue este pacto territorial.
Para descargar o informe do Observatorio facede click na imaxe de enriba. Tamén está á vosa disposición nos menús superiores, na sección Observatorio do paro" (Febreiro de 2010).
Unha vez se posúan os datos, completaremos a información de paro rexistrado no segundo mes de 2010, cos informes dos perfís tipo do desempregado no territorio do pacto así como tamén en cada un dos termos municipais que o integran.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
É posible que che interese recibir unha mensaxe no teu email cando haxa actualizacións do noso blog.

.png)