Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Emprego nos concellos do Pacto Territorial



Segundo figura en distintas convocatorias publicadas nos boletíns oficiais (BOP, DOG, BOE) nos últimos 5 meses, os diferentes concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña ofertaron un total de 7 postos de traballo como persoal fixo:
  • Concurso oposición auxiliar administrativo, BOE 17 novembro 2009, concello de Mondoñedo.
  • Concurso de mobilidade policía local, BOE 17 de Decembro 2009, concello de Foz.
  • Promoción interna administrativo , DOG 18 de xaneiro 2010, concello de Viveiro.
  • Promoción interna servizos especiais, DOG 18 de xaneiro 2010, concello de Viveiro.
  • Concurso -oposición. 2 prazas de peón de servizos múltiples, BOE 2 de febreiro 2010, concello de Ribadeo.
  • Concurso oposición persoal interino chófer- condutor oficial de 1ª, BOP 8 Febreiro 2010, concello de A Pontenova.
Hai que destacar tamén que cinco concellos (Lourenzá, Foz, Mondoñedo, Xove e O Vicedo) puxeron en marcha nos últimos meses, cinco obradoiros de emprego, dando traballo a 25 profesionais (5 directores, 5 administrativos e 15 mestres- monitores ). A súa vez estes plans mixtos de formación/emprego contratan e forman a 129 alumnos (32 na especialidade de carpintería, 52 en albanelería, 30 en xardinería e 15 axuda no fogar). Esto fai un total de 154 postos de traballo.

Por outra banda, 6 concellos do Pacto Territorial de Emprego da Mariña , estimularon o emprego nestes últimos 5 meses para convocar a 22 postos de traballo.

  • Burela. 11 postos de traballo (Fisioterapeuta, oficial de 1ª CIM, Patrón mecánico, asistenta a domicilio, monitor de Gaia, profesor de apoio, peón xardinería, aux administrativo e capataz de GRUMIR).
  • Ribadeo. 4 postos de traballo (chófer de rozadura, técnico de lingua e cultura, aux. axuda domiciliaria e técnico actividades deportivas)
  • Cervo. 3 postos de traballo (Auxiliar de axuda a domicilio, oficial de 1ª albanel e Diplomado en empresariais)
  • Riotorto. 2 postos de traballo ( Axente de emprego e auxiliar de axuda a domicilio)
  • Trabada. 1 posto de traballo (Axente de emprego)
  • Mondoñedo. 1 posto de traballo (Técnico de deportes)
Os postos de traballos máis ofertados nestes concellos, como se pode observar, son: 4 postos de axuda a domicilio, 2 postos de axente de emprego, 2 postos de técnico de deportes e 2 postos de oficial de 1ª.

Esto fai un total, nos últimos 5 meses de 183 postos de traballo creados polos diferentes concellos do Pacto, antes de que comecen a funcionar diferentes medidas de estímulo do emprego, como poden ser, entre outras, as procedentes dos plans de cooperación e fomento do emprego.
 
Ir Arriba