Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Decembro de 2009)





Rematado o ano 2009, presentamos o último informe mensual do pasado curso realizado polo Observatorio do Paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Como cada mes, o informe achégamos os principais datos de paro rexistrado no territorio do Pacto, na provincia de Lugo e en Galicia, prestando especial atención aos diferentes concellos que integran o noso Pacto territorial.

Para descargar o informe en formato PDF facede click na imaxe da portada. Tamén se pode descargar o informe desde os menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Decembro de 2009).

Unha vez que se atopen dispoñibles os datos, completarase a información sobre o paro rexistrado en Decembro de 2009 cos informes relativos ao perfil tipo do parado no territorio do Pacto, así como tamén nos distintos concellos que forman parte do mesmo.
 
Ir Arriba