Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Centros de traballo (Xaneiro de 2010)



Có obxectivo de actualizar os diferentes indicadores de mercado laboral do territorio, achegamos un novo informe que recolle, nesta ocasión, datos estatísticos sobre a estrutura, características, e localización dos centros de traballo existentes no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña así como a súa evolución no período 2002-2008.

Os centros de traballo clasificáronse en dous grandes grupos. Por unha banda, agrupáronse todos aqueles centros que desenvolven a súa actividade dentro do ámbito da construción, por ser este un sector caracterizado pola existencia de numerosos centros de traballo temporais en función das distintas obras que unha mesma empresa pode realizar ao longo dun ano en diferentes localizacións. Por outra banda, incluíronse nun mesmo grupo tódolos restantes centros de traballo correspondentes ao resto de actividades (agricultura, industria, servizos, etc.)





Premendo na imaxe poderás descargar este informe en formato PDF.
 
Ir Arriba