| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Perfil tipo do parado (Novembro 2009) |
Como cada mes, completamos a información do paro rexistrado no territorio cos informes do perfil tipo do parado no ámbito do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo, correspondentes, ambos, ao pasado mes de Novembro.
Para poder ver os informes en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba dos mesmos. ( Full Screen)
Perfil tipo do parado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Novembro 2009)
Perfil tipo do parado nos distintos concellos que integran o Pacto Territorial de Emprego da Mariña (Novembro 2009)
Se queres descargar estes documentos en formato PDF preme nos seguintes enlaces:
Tamén están dispoñibles para a súa descarga no menú superior, na sección "Observatorio do paro".
| [+/-] | Informes do territorio/poboación. Panorama demográfico. Decembro de 2009 |
Presentamos un novo informe de territorio/poboación onde se recollen de xeito esquemático os principais indicadores poboacionais do territorio do Pacto xunto cos correspondentes á Provincia de Lugo e a Galicia. Para completar o panorama demográfico actual do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, o documento recolle tamén os datos dos citados indicadores en relación a cada un dos dezasete concellos que o conforman.
A cuestión demográfica é un elemento dunha importancia fundamental de cara a planificación de estratexias e políticas de desenvolvemento económico, social, laboral, etc en todos os ámbitos territoriais. Neste senso, as previsións realizadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE), para o período 2009- 2018, apuntan a un descenso xeralizado da poboación residente nas catro provincias galegas, sendo Lugo a que peor parada sae da comparativa, xa que presenta unha previsión de descenso do 5,83 %, fronte ao 4,97 % de Ourense, ao 2,63% de Pontevedra e ao 2,09 % de A Coruña.
A cuestión demográfica é un elemento dunha importancia fundamental de cara a planificación de estratexias e políticas de desenvolvemento económico, social, laboral, etc en todos os ámbitos territoriais. Neste senso, as previsións realizadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE), para o período 2009- 2018, apuntan a un descenso xeralizado da poboación residente nas catro provincias galegas, sendo Lugo a que peor parada sae da comparativa, xa que presenta unha previsión de descenso do 5,83 %, fronte ao 4,97 % de Ourense, ao 2,63% de Pontevedra e ao 2,09 % de A Coruña.
| [+/-] | Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Novembro de 2009) |
Tras o avance de datos de desemprego realizado no día de onte, achegamos o informe completo de paro rexistrado en Novembro de 2009, realizado polo Observatorio do Paro da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Tal e como se fai mensualmente, os datos que se ofrecen no devandito informe, están referidos ao territorio do Pacto (prestando especial atención a cada un dos municipios que o integran), á provincia de Lugo e a Galicia.
Premendo na imaxe da portada, pódese descargar o informe en formato PDF . Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Novembro de 2009).
En canto se atopen dispoñibles os datos correspondentes, completarase a información sobre o paro rexistrado no pasado mes de Novembro cos informes relativos ao perfil tipo do parado no territorio do Pacto, así como tamén nos distintos concellos que forman parte do mesmo.
| [+/-] | Avance de datos de paro rexistrado. Novembro de 2009 |
Á espera de ter rematado o informe completo de paro rexistrado no mes de Novembro, avanzamos uns primeiros datos que nos permiten ter unha idea da situación actual do desemprego no territorio do Pacto.
O paro rexistrado no Pacto Territorial de Emprego da Mariña aumentou no pasado mes de Novembro en 184 persoas, o que supón un 4,54% máis de paro que o mes pasado. Aínda así, esta variación e moi inferior a sufrida no mesmo mes do 2008 cando o paro aumentara en 315 persoas (un 9,82%). A porcentaxe de aumento do paro sitúase entre os valores correpondentes á provincia de Lugo (onde o aumento do paro foi dun 5,50%) e os da comunidade autónoma de Galicia (onde aumentou o 3,78%).
O aumento do paro foi maior entre os homes que entre as mulleres. Mentres o paro masculino aumenta no derradeiro mes un 5,56%, o paro feminino faino un 3,76%. A variación interanual do paro reflicte que no Pacto é onde mais aumentou nos derradeiros doce meses. Con un aumento do 20,24% supera os aumentos da provincia de Lugo, onde aumentou o 20,04% e o de Galicia onde aumentou o 19,91%.
A análise dos datos por concellos mostra que o paro rexistrado só descendeu en dous dos dezasete concellos do Pacto. Estes concellos son Xove e Trabada. No concello de Ourol o paro non trocou e nos restantes aumentou. Os maiores aumentos son os que se corresponden aos concellos de Lourenzá, Alfoz, O Vicedo e O Valadouro. Estudando a variación interanual do paro non hai ningún concello que teña menos parados en novembro de 2009 que en novembro de 2008. Os concellos onde máis aumentou o paro no derradeiro ano foron O Vicedo, Lourenzá, Cervo e Burela. E os concellos nos que se rexistran os menores aumentos do paro son A Pontenova, Ourol, Muras e Ribadeo.
Mañá, xoves 3 de Decembro, estará dispoñible para a súa descarga, o informe completo do Observatorio do Paro correspondente ao mes de Novembro de 2009
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
É posible que che interese recibir unha mensaxe no teu email cando haxa actualizacións do noso blog.






.png)
