Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Observatorio do paro. Obxectivos



O observatorio do paro ten como obxectivo subministrar con carácter mensual, información sobre a evolución do paro rexistrado no territorio do Pacto, na Provincia de Lugo e en Galicia. Estudarase o paro rexistrado nos diferentes ámbitos territoriais segundo sexo e idade así como tamén segundo a actividade económica na que se concentra. Levarase a cabo tamén un estudo da evolución do paro rexistrado para cada un dos concellos que forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. Nos menús superiores poderase descargar en formato PDF, o informe do observatorio correspondente a cada un dos meses do ano.




Xunto con estes informes de paro rexistrado, completarase o seguimento do desemprego con outra serie de análises de periodicidade mensual, trimestral, etc. onde se poderá consultar, entre outra información, datos sobre os perfiles tipo dos parados no territorio do Pacto así como tamén en cada un dos concellos que forman parte do mesmo; a evolución do paro rexistrado segundo diferentes grupos de idade, etc.


Nota: Os informes do Observatorio do Paro (paro rexistrado e perfiles tipo) correspondentes ao pasado ano 2009 pódense consultar e descargar desde o menú situado na parte de abaixo, á dereita, có título: Observatorio do Paro (Ano 2009)
 
Ir Arriba