A Análise inicial do territorio preséntase como unha síntese dunha serie de amplos estudos realizados sobre os diferentes indicadores socioeconómicos do territorio abranguido polo Pacto Territorial de Emprego da Mariña.
A finalidade básica deste estudo é coñecer a situación económica, social e laboral actual do territorio que comprende o devandito Pacto Territorial.
Para a consecución deste obxectivo, a Análise inicial do territorio estruturouse do seguinte xeito:
A finalidade básica deste estudo é coñecer a situación económica, social e laboral actual do territorio que comprende o devandito Pacto Territorial.
Para a consecución deste obxectivo, a Análise inicial do territorio estruturouse do seguinte xeito:
- En primeiro lugar, levouse a cabo un seguimento dos principais indicadores do territorio durante o período comprendido entre o ano 2000 e o ano 2008, co obxecto de estudar os comportamentos sociais, económicos, laborais, etc. o longo do tempo e así poder chegar a un diagnóstico máis preciso e eficaz.Cómpre destacar neste sentido, que non sempre foi posible abarcar o período sinalado, xa que nalgúns casos non existen datos máis actuais, e noutros, os datos existentes non se remontan tan atrás no tempo.Asímesmo, e coa finalidade de levar a cabo unha análise o máis completa posible, incorporáronse á mesma datos dalgúns dos indicadores estudados que fan referencia o ano 2009.
- En segundo lugar, hai que sinalar que os diferentes indicadores, variables e datos estudados preséntanse en relación a tres niveis territoriais: pacto territorial, provincia de Lugo, e comunidade autónoma de Galicia, co obxectivo de poder observar e comparar o nivel de desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña con respecto a totalidade da provincia e ao conxunto de Galicia.
Facendo click na imaxe da portada, poderedes descargar esta análise en formato PDF (recomendado para unha mellor visualización).

.png)
