Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do tecido empresarial. Tecido empresarial (IGE). 2008-2009



Nas últimas datas, o IGE (Instituto Galego de Estatística), a través do seu directorio de empresas e unidades locais, actualizou os datos relativos as empresas con actividade en Galicia, incorporando os datos dos anos 2008 e 2009. A partir dos mesmos, a UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, elaborou un novo informe que a continuación achegamos, relativo á situación do tecido empresarial do Pacto , aportándose tamén datos do comportamento a nivel provincial e galego.




Para a descarga do informe fai click na imaxe.
 
Ir Arriba