Achegamos o derradeiro dos estudos realizados polo equipo técnico da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. O documento que presentamos a continuación trata de estudar como se levou a cabo a aplicación das diferentes políticas de emprego que se diseñaron e implementaron no ámbito do pacto territorial entre os anos 2000 e 2010. Neste estudo váloranse tantos os aspectos positivos como negativos derivados da aplicación das citadas políticas, facendo fincapé en todas aquelas cuestións que se poderían mellorar para que o éxito das mesmas sexa o maior posible.
Para a descarga do estudo preme na imaxe.
Aproveitamos a presentación deste último estudo para mandar unha mensaxe de despedida e agradecemento a todos aqueles que durante os dous anos de vida desta UPD contribuiron ao desenvolvemento do noso traballo diario: concellos, sindicatos, patronal, empresas, técnicos de emprego e orientadores laborais, etc.
Este proxecto conclúe hoxe 28 de Decembro de 2010, e desde este espazo na rede queriamos agradecer tamén a todos aqueles que dende a creación do blog (Agosto de 2009) nos seguiron diariamente ata alcanzar as preto de 18.000 visitas.
A todos e a todas, un cordial saúdo.
O equipo da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña

.png)
