Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Maio de 2010)





Como cada mes, a Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, a través do seu Observatorio do paro, fai públicos os datos de paro rexistrado correspondentes ao mes de Maio de 2010 no territorio do Pacto (con especial atención aos concellos que o integran), na provincia de Lugo e na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pulsando na imaxe procederedes á descarga do informe en formato PDF . Tamén está dispoñible para a súa descarga nos menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Maio de 2010).

Nos días seguintes completarase a información sobre o paro rexistrado no pasado mes de Maio cos informes que describen o perfil tipo do desempregao no territorio do Pacto, así como tamén nos distintos concellos que forman parte do mesmo.

 
Ir Arriba