Partindo do informe Estrutura poboacional (2009), así como tamén doutra series de estudos sobre poboación elaborados polo equipo desta UPD, presentamos unha nova análise evolutiva que recolle os datos dos principais indicadores poboacionais no período 2000- 2009.
Os datos ofrécense tanto para o conxunto do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, como para a Provincia de Lugo e Galicia. Levouse a cabo tamén unha exhaustiva análise da evolución poboacional en cada un dos dezasete concellos que integran este Pacto Territorial.
Para a realización de este informe empregáronse datos obtidos do Instituto Galego de Estatística (IGE). A información que mostran, obtense a partir da explotación dos datos contidos no padrón municipal de habitantes a día 31 de Decembro de cada un dos anos avaliados.



.png)
