Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do observatorio do paro. Paro rexistrado (Abril de 2010)





Hoxe 4 de Maio de 2010, a Consellería de Traballo e Benestar fixo públicos os datos do paro rexistrado en territorio galego durante o pasado mes de Abril. En base aos mesmos e como cada mes, o Observatorio do Paro do Pacto Territorial de Emprego da Mariña presenta o informe que recolle a variación do desemprego nos tres ámbitos territoriais que se utilizan como referencia: o Pacto Territorial de Emprego da Mariña considerado no seu conxunto; a Provincia de Lugo e a Comunidade Autonóma Galega. Asimesmo, préstase unha especial atención á situación do paro nos dezasete concellos que conforman o noso pacto territorial.

Para descargar o informe, preme na imaxe de enriba. Tamén o poderás descargar desde os menús superiores, na sección "Observatorio do paro" (Abril de 2010).

Completaremos a información do desemprego en Abril de 2010 nos días sucesivos, unha vez se posúan os datos onde se reflexan os perfís tipo do parado no conxunto do pacto e nos distintos municipios que o integran.
 
Ir Arriba