Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Afiliacións á Seguridade Social (Ano 2009)



No informe do mercado laboral que hoxe facemos público levamos a cabo un repaso da evolución das afiliacións ao sistema de seguridade social durante o ano 2009, tanto no territorio deste Pacto Territorial como no da provincia de Lugo e a comunidade autónoma galega. Repaso que, mes a mes, aproxímase ao estado das afiliacións en base a tres criterios básicos: totais, réxime de afiliación e actividade económica (CNAE-2009). Nos dous primeiros casos comparáse os datos de afiliación do curso pasado en relación ao 2008. Os datos de afiliados segundo actividade económica non se comparan cos do ano 2008 como consecuencia da entrada en vigor durante o 2009 da nova clasificación nacional de actividades económicas, cuestión esta que non permite levar a cabo comparanzas interanuais. O informe remata cunha aproximación particular á evolución das afiliacións no Pacto en función das actividades nas que se concentra.




Premendo na imaxe superior poderedes descargar este informe en formato PDF

 
Ir Arriba