Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Informes do mercado laboral. Paro rexistrado por tempo de búsqueda de emprego (4º trimestre de 2009)



Có obxecto de completar a análise do paro rexistrado no 2009, presentamos un novo informe de mercado laboral centrado nesta ocasión en avaliar o comportamento do paro segundo o tempo de búsqueda de emprego, durante o último trimestre do pasado ano. Para efectuar tal estudo, utilizanse 3 períodos temporais de procura dun posto de traballo: menos de 6 meses , entre 6 meses e un ano, máis dun ano. O informe ofrece datos no conxunto do Pacto Territorial de Emprego da Mariña pero tamén en cada un dos concellos que forman parte do seu ámbito de influenza.




Para a descarga do informe en PDF preme na imaxe de enriba

 
Ir Arriba