Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Estudos realizados pola UPD (III): Territorio e poboación/ Tecido empresarial






O estudo sobre territorio e poboación leva a cabo unha extensa análise do territorio do pacto abordando diferentes variables do mesmo (entidades locais que o compoñen, infraestruturas viarias, ferroviarias e marítimas, espazos naturais, etc.) Pola súa banda, no que respecta a poboación, préstase especial atención á situación da mesma no territorio do Pacto, na provincia de Lugo e en Galicia no ano 2008 e complétase o análise evolutivo dos diferentes indicadores poboacionais realizado na Análise inicial do territorio, dando información detallada desagregada por concellos.

O estudo relativo ao tecido empresarial, preséntase como un amplio manual de consulta que permite observar a evolución e situación actual da actividade empresarial no territorio do Pacto en comparanza coa da provincia de Lugo e o conxunto de Galicia. Esta análise empresarial abordouse desde dúas perspectivas diferentes: por unha banda fíxose un seguimento daquelas empresas que teñen o seu domicilio fiscal en Galicia; por outra, estudáronse aquelas outras que desenvolven a súa actividade na nosa comunidade autónoma, independentemente de onde se sitúa o seu domicilio fiscal.


Facendo click nas imaxes das portadas, poderedes descargar estos estudos en formato PDF (recomendado para unha mellor visualización).
 
Ir Arriba