Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Técnicos de emprego, ADLs e orientadores laborais no Pacto Territorial



Para visualizar este documento en pantalla completa preme o botón situado na parte de enriba do mesmo. ( Full Screen).

O listado de axentes, técnicos, orientadores é susceptible de modificacións periódicas. Para máis información, é aconsellable dirixirse aos diferentes concellos, sindicatos, organizacións empresariais, asociacións, etc., dos que dependen os devanditos profesionais.






Se queres descargar este documento en formato PDF preme aquí.
 
Ir Arriba