Este espazo será o lugar onde o equipo da UPD subministrará información puntual sobre a situación sociolaboral e económica do territorio abranguido por este Pacto Territorial, así como tamén diferentes estudos e análises realizados polo seu equipo técnico. O Pacto Territorial de Emprego da Mariña abrangue o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro. Ademáis dos concellos, forman parte do Pacto Territorial de Emprego da Mariña os sindicatos C.C.O.O. e U.G.T., a Confederación de Empresarios de Galicia, e o departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego.

Estudos realizados pola UPD (VI): Avaliación das políticas de emprego no territorio




Achegamos o derradeiro dos estudos realizados polo equipo técnico da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña. O documento que presentamos a continuación trata de estudar como se levou a cabo a aplicación das diferentes políticas de emprego que se diseñaron e implementaron no ámbito do pacto territorial entre os anos 2000 e 2010. Neste estudo váloranse tantos os aspectos positivos como negativos derivados da aplicación das citadas políticas, facendo fincapé en todas aquelas cuestións que se poderían mellorar para que o éxito das mesmas sexa o maior posible.

Para a descarga do estudo preme na imaxe.

Aproveitamos a presentación deste último estudo para mandar unha mensaxe de despedida e agradecemento a todos aqueles que durante os dous anos de vida desta UPD contribuiron ao desenvolvemento do noso traballo diario: concellos, sindicatos, patronal, empresas, técnicos de emprego e orientadores laborais, etc.

Este proxecto conclúe hoxe 28 de Decembro de 2010, e desde este espazo na rede queriamos agradecer tamén a todos aqueles que dende a creación do blog (Agosto de 2009) nos seguiron diariamente ata alcanzar as preto de 18.000 visitas.

A todos e a todas, un cordial saúdo.

O equipo da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña

¡ Bo Nadal !


Informes do tecido empresarial. Estrutura produtiva (Decembro de 2010)



En Outubro de 2009, o equipo desta UPD elaborou un informe relativo ao tecido empresarial do territorio, que levaba por título Estrutura produtiva, onde se trataba de mostrar cales eran os recursos, elementos, etc. que definen ás estruturas de produción no Pacto Territorial de Emprego da Mariña nos diferentes sectores: agricultura, construción, industria, servizos, etc. En cada un dos sectores aportábanse datos relativos a cuestións tales como os efectivos e explotacións de gando bovino, licenzas de obra no territorio, parque de vehículos, bancos e caixas de aforro, etc.

No día de hoxe presentamos unha actualización do devandito informe, cos datos existentes no Instituto Galego de Estatística (IGE) a Decembro de 2010.




Para a descarga do informe premede na imaxe.
 
Ir Arriba